
O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Introdución
As súas 5.722 ha de extensión pertencen á comarca de Viana e lindan coas de Terra de Trives e Verín (comarcas do Entroido ourensán por excelencia), no centro-oriental da provincia. Foi declarado Parque Natural o 05/06/1997, sendo o cuarto da comunidade. Está situado a só dúas horas en coche de Enciña da Lastra e do Xurés, os outros dous parques naturais de Ourense.
Top 5: o que non debes perder
- A fauna de mamíferos é un dos maiores atractivos do Parque Natural. Sorte dos visitantes que consigan ver corzos, cervos ou cabras bravas.
- Unha sensación: o silencio e o íntimo contacto coa natureza. O Invernadeiro é o único Parque Natural de Galicia no que non hai poboacións humanas.
- Percorrer as sendas da Auga ou das Troitas para apreciar a beleza do ecosistema fluvial do río Ribeira Grande.
- A paisaxe cambiante nas catro estacións do ano nun horizonte de suaves cumios que parecen tapizados en verde. Desde a neve do inverno ata o malva das uceiras en primavera.
- O interesante patrimonio etnográfico e o industrial da época da Papelera Española.
Servizos
Por motivos de seguridade, e ante as condicións meteorolóxicas adversas que poden producirse durante o período invernal, o acceso ao Parque Natural permanecerá pechado ás visitas dende o 15 de novembro ata o 15 de marzo.
Centro de recepción do Parque Natural do Invernadeiro
- Horario de Verán (do 1 de maio ao 31 de outubro, de mércores a domingo)
Mañá: 9:00 - 16:30 - Horario de Inverno (do 15 de marzo ao 30 de abril e do 1 de novembro ao 15 de novembro, de venres a domingo)
Mañá: 9:00 – 14:00
Aula da Natureza
Información de utilidade
A ter en conta
- Deixa o vehículo nos aparcadoiros habilitados.
- Usa o vehículo só nas estradas/camiños habilitados e modera a velocidade cando circules polo interior do Parque.
- Non leves mascotas.
- Arrincar flores e plantas está prohibido, ademais de poñer en perigo especies singulares.
- Non molestes á fauna, non fagas ruído.
- Infórmate dos permisos necesarios para acceder ao Parque ou para facer calquera ruta.
- Antes de facer unha ruta, comproba a dificultade e o tempo que debes investir.
- Planifica con detalle a túa visita, sobre todo se vas en grupo, e equípate convenientemente.
- En moitos dos Parques Naturais organízanse visitas guiadas e interpretadas gratuítas; chama antes.
- Leva o móbil sempre coa batería cargada.
- Camiña polos sendeiros habilitados.
- Respecta a sinalización.
- Precaución coas enchentes dos cursos de auga.
- Precaución ao pisar pedras e troncos cando están mollados xa que son moi escorregadizos.
- Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas.
- Fai un uso responsable do lixo; se non hai colectores, lévao contigo ata que atopes un.
- Non está permitido o baño fóra das zonas habilitadas.
- Respecta as propiedades privadas.
- Usa as áreas recreativas.
- O lume pode destruír a vida do Parque, non o acendas.
- Excepto casos concretos, está prohibida a caza e a pesca. Consulta a normativa de cada Parque Natural.
- Avisa ao persoal do Parque ante calquera incidencia.

O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Ecosistema
Paisaxe de montaña
Flora
Árbores e arbustos
Fieitos e flores
Matogueiras e pastos
Fauna
Anfibios e réptiles
Aves
Invertebrados
Mamíferos
Peixes
Patrimonio material
Usos do monte no pasado
Patrimonio inmaterial
Monte laico desde o s.XV

O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Como chegar?
- Pola autovía A-52 ou a estrada N-525 ata Verín. Unha vez alí cóllese a estrada comarcal en dirección a Laza (OU-113), para desviarse a 2,5 km pola estrada OU-114 e chegar a Campobecerros. Desde este lugar accédese por unha pista forestal asfaltada ao Parque Natural, que se encontra a uns 8 km ao norte.
Contacto
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
Miradoiros
- A Aceveda (1056 m). Boas vistas do val do río Ribeira Pequena.
- O Birlauto (1286 m). Vista da Serra de Fial das Corzas.
- Pico da Ortiga (1488 m). Espectacular paisaxe do Parque Natural e da Serra de Queixa e de Manzaneda.
- A Fenteira (1240 m). Vista panorámica dos vales do Ribeira Pequena e do Ribeira Grande, os dous principais ríos do Parque Natural.
- Punto de observación cercado de cabras bravas (1216 m). Situado na metade do percorrido da Ruta dos Cercados; con sorte poderá verse algún exemplar.
- Punto de observación cercado dos cervos (1100 m). Situado no tramo inicial da Ruta dos Cercados; con sorte, poderá verse algún exemplar.
Ocio
Produtos locais

Documentación
Zona especial de conservación (formando parte do Macizo Central, ZEC ES1130002; 46.986 ha).
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (formando parte do Macizo Central; 46.829 ha).
