Que é o Pasaporte natural?
O Pasaporte da Rede de Parques Naturais é un documento co que se pretende aproveitar as sinerxias entre os diferentes espazos naturais convidando aos visitantes de cada parque a coñecer os outros referentes do patrimonio natural galego. Mediante o Pasaporte pódese acreditar ter visitado cada un dos sete parques de Galicia (os seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Complexo dunar de Corrubedo e lágoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas). Basta con acuñar cada unha das páxinas do Pasaporte.
Onde se pode conseguir o Pasaporte natural?
O Pasaporte natural estará dispoñible en todos os servizos de información e contén unha descrición e os datos de contacto dos seis parques naturais da Comunidade, así como do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O documento pode obterse en tres idiomas: galego, castelán e inglés
O pasaporte na APP móbil
A aplicación móbil permite selar o pasaporte de xeito automático ao activar a ubicación do dispositivo móbil e atoparse fisicamente na área de cada un dos parques.
Pódese descargar aquí: