Área de Allariz


Introdución

A área da Reserva está formada por unha ampla depresión, cunha altitude media de 600 m, por onde decorre o río Limia, e rodeada dun reborde montañoso do que destaca na súa parte norte o macizo granítico de Allariz, por onde decorre encaixado o río Arnoia.

Declarada no ano 2005, conta cunha superficie de 21.482 ha e abrangue os seguintes municipios da provincia de Ourense, A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, cun conxunto poboacional de 9.867 habitantes.

Outras figuras de protección que posúe:

  • Humedal de Importancia Internacional (Convenio de Ramsar);
  • Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA);
  • Zona Especial de Conservación (ZEC).

Patrimonio Natural

É un territorio fronteirizo entre dúas grandes rexións ecolóxicas como son a depresión morfotectónica semiendorreica de fondo plano, por onde discorre o río Limia, e o reborde montañoso do que destaca na súa parte norte o macizo granítico de Allariz, polo que circula encajonado o río Arnoia. Sobresaen tres unidades de alto valor ecolóxico: as veigas, terreos situados nas marxes da canle de Antela e do río Limia con vexetación herbácea e de matogueira; as touzas, mosaico de prados ou cultivos separados por manchas arborizadas; e as sebes, bosquetes mixtos de carballos e meloxos, cunha gran diversidade específica.

Posúe tres tipos de paisaxe de especial interese, adxacentes e medioambientalmente interrelacionados. Son as veigas, terras situadas nas marxes dos ríos Limia e Antela con vexetación herbácea e de matogueira, nas que destaca, pola súa importancia, a vexetación de ribeira; as touzas, un mosaico de prados e cultivos separados por manchas arboradas, masas boscosas mixtas de carballos e “cerquiños”, cunha grande diversidade específica e que son unidades climáticas de alto valor ecolóxico; e as sebes, bosques mixtos de carballo común e rebolo. Estas sebes supoñen unha importante reserva natural de flora autóctona, o que se traduce nun alto valor medioambiental como elemento de conservación da diversidade de especies vexetais.

Especial importancia ten o mantemento dos ecosistemas vencellados á rede fluvial, pois son corredores ecolóxicos que comunican diferentes zonas e evitan o illamento das pequenas poboacións.

Existen numerosas especies que son endemismos e outras que están incluídas nos diferentes listados de protección. Podemos atopar, por exemplo, dentro dos mamíferos, furón bravo, lontra, teixugo, xeneta, doniña , lobo, raposo, corzo, etc.

Dentro das aves: cegoña, buxato (Buteo buteo), águia, azor, falcón, avefría, bilurico, mazarico real, sisón (Tetrax tetrax), martiño peixeiro, etc.

Nos réptiles: lagarto verdinegro, lagarto ocelado, lagartiña, sapoconcho galego-galápago europeo (Emys orbicularis), víbora galega, cobra de colar, etc.

Como Anfibios: ra común, ra patilonga, ra de San Antón, sapo corredor, tritón ou pintafontes, saramaganta, etc.

Como molusco bivalvo, cómpre sinalar o Mexillón de río (Margaritifera margaritifera).

Patrimonio Cultural

É de gran interese o seu patrimonio cultural tanxible e intanxible, xa que esta zona conserva os seus usos tradicionais e unha paisaxe moldeada pola práctica milenaria. O patrimonio cultural da zona inclúe o conxunto monumental da vila de Allariz.

Pódense atopar elementos arqueolóxicos, etnográficos de gran calibre e unha extraordinaria riqueza, que vai desde restos da cultura dos castros (milenio II antes de Cristo), pasando pola idade do Bronce, a do Hierro, a época Romana ou a Idade Media. Desta última época podemos atopar unha xoia prerrománica, San Martiño de Pazó, a ermida románica de San Salvador (S. XII) e o convento das clarisas (S. XIII).

Información de utilidade

O xeodestino posúe entre outros alicientes o Camiño de Santiago, chamado aquí Camiño do Sueste-Vía da Prata. Un percorrido dobre (vén bifurcado desde A Gudiña) que permite coñecer pequenos núcleos con moita historia como Xunqueira de Ambía e a súa colexiata. O itinerario cruza Allariz e pouco máis adiante un enclave minúsculo pero con moita historia chamado Armeá, á beira de Santa Mariña de Augas Santas e a súa igrexa, de gran tamaño e inconclusa. O castro de Armeá (onde se atoparon uns guerreiros pétreos que se poden admirar no Museo Arqueolóxico de Ourense) e ese templo-basílica foron declarados Conxunto Histórico-Artístico. Merecen visita Os Fornos da Santa que estivo a piques de perecer abrasada pero de onde foi sacada por intervención divina.

A ter en conta

Dous pesos pesados lideran este xeodestino: as localidades de Ourense e Allariz, cada unha cunha morea de monumentos que reclaman a atención. A capital da provincia é ben coñecida tanto pola súa vinculación co río Miño, como co mundo romano. O Miño está cruzado na capital por varias pontes e un moderno paseo permite percorrer a beira. Son moi representativas da capital termal de Galicia, de Ourense, as coñecidas Burgas, un espazo rehabilitado xa nos límites da zona vella, no que manda sen dúbida a Catedral. O templo, tardorrománico, foi erguido a partir do século XII, declarado basílica en 1837 e Monumento Nacional no ano 1931. Non hai que esquecer a visita ao Museo Arqueolóxico. Allariz tivo a sorte de conservar practicamente intacto o seu núcleo principal, granítico tanto nas rúas como nos edificios. A súa exemplar rehabilitación mereceu o premio Europa Nostra e hoxe a vila é un modelo do turismo sustentable galego. Os seus museos conforman unha pequena rede que, xunto coa potenciación de negocios hostaleiros “con encanto” e o agarimo co que se trataron as beiras do río, atraen milleiros de visitantes. Xa saíndo do casco histórico fai falta subliñar a ponte románica de Vilanova. Entre os monumentos destas terras podemos destacar en Baños de Molgas a capela prerrománica de Santa Eufemia de Ambía e o santuario dos Milagres no monte Medo. Dentro da arquitectura popular podemos descubrir o conxunto de hórreos da Merca e o conxunto de casas fidalgas en Sobrado do Bispo (Barbadás). A cidade de Ourense está intrinsecamente ligada coa auga. A do río Miño que atravesa a cidade discorre baixo as súas seis pontes. O Viaduto, a Ponte Nova, a Pasarela do Vao, a Ponte Romana, a Ponte do Milenio e a Ponte do Ribeiriño constitúen en si mesmos un recurso turístico pola singularidade da súa disposición e pola evolución arquitectónica que reflicten e que se pode gozar percorrendo o paseo fluvial por calquera das súas dúas beiras. Tamén a auga, esta vez quente, converteuse no signo máis identificativo da capital da provincia. A Ourense chámaselle tamén a cidade das Burgas, polos seus mananciais de augas hipertermais, silicatadas, fluoradas e litínicas, que teñen importantes propiedades dermatolóxicas e cuxo nome crese que procede do latín burca, que quere dicir pía, en alusión aos baños romanos. Existen tres Burgas, a de Arriba, a do Medio e a de Abaixo, de estilos popular, moderno e neoclásico respectivamente e que son o punto de partida dun complexo termal, ao aire libre e ás beiras do río Miño.

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Como chegar?

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Os Maios é unha ancestral tradición galega que aínda se celebra con moita forza en Ourense. Toda a provincia é unha festa con gran participación popular polo magosto, no outono, mais é na súa capital onde esa cita está declarada de Interese Turístico Galego, do mesmo xeito que a anterior. Non tan vella, mais tamén con séculos encima xa que arrinca de 1317, e agora goza da mesma categoría, é a Festa do Boi, coas rúas de Allariz como escenario cando o Corpus.

Produtos locais

Non hai documentos que amosar.