Ruta do Valdeirexa ou dos Cercados

Media/Alta
2 h
A pé
3 km
Circular
Parque Natural: O Invernadeiro
Inicio/Fin: Casas da Ribeira Pequena
Parte a ruta da zona coñecida como Ribeira Pequena. A uns 200 metros está a estación meteorolóxica do espazo protexido. Pasados uns 100 metros aparece o cercado dos cervos e, camiñando 500 metros máis, chégase ao punto inicial de observación do cercado. Desde este punto, o ascenso continúa ata a cota máis alta da ruta: 1.223 metros, lugar onde se divisa unha boa panorámica de toda a Ribeira Pequena.
Collendo unha senda á esquerda a poucos metros chégase ao miradoiro das cabras, onde ademais do capturadeiro e comedeiros se poden contemplar exemplares de cabra bravas da especie Capra pyrenaica victoriae. O regreso realízase pola mesma senda.