Alta
7 h
A pé
22 km
Circular
Parque Natural:
O Invernadeiro
Inicio/Fin: Aula da Natureza
A ruta ascende pola zona sueste do espazo protexido dende unha cota de 930 metros na Aula da Natureza ata os 1.488 metros no Pico da Ortiga, situado a 11 quilómetros do inicio. Desde aquí contémplase unha espectacular paisaxe do Parque Natural e das serras de Queixa e de Manzaneda.
O retorno faise pola devasa limítrofe, onde é posible atopar exemplares e sinais de diferentes especies de fauna, como corzo e cervo. Tras un forte descenso, unha pista chaira leva ata a pista inicial e ata a Aula da Natureza de novo.