Ruta da Auga

Baixa
2 h
A pé
4 km
Circular
Parque Natural: O Invernadeiro
Inicio/Fin: Aula da Naturaleza
Comeza na Aula da Natureza, nunha pista que leva ata ao encoro das Portas, o segundo máis grande de Galicia. Nunha encrucillada de camiños onde comeza o ascenso ao Pico da Ortiga (1.488 m), hai que tomar o desvío á dereita, sempre bordeando o cercado dos cervos. A uns 1.500 metros dende o inicio da ruta cóllese unha senda á dereita que, entre uces e piñeiros, leva ata o borde do río Ribeira Grande. Desde aquí o paseo continúa á beira das augas cristalinas encauzadas entre marabillosos exemplares de cerquiños, bidueiros e acivros, entre outras especies. Ao chegar á ponte principal que cruza o río, cóllese á dereita para despois dun breve ascenso, retornar ata a Aula, fin e inicio da ruta.