Ruta das Troitas

Baixa
2 h
A pé
3,5 km
Circular
Parque Natural: O Invernadeiro
Inicio/Fin: Aula da Naturaleza

O percorrido iníciase na Aula da Natureza. Tomando a pista que comunica ambas as dúas marxes do río Ribeira Grande, a uns 100 metros hai unha encrucillada de camiños. A ruta continúa pola pista superior. A 2 quilómetros da Aula atópase o Centro Ictioxénico (laboratorio das troitas), onde se pode observar a infraestrutura necesaria para a súa captura co fin de realizar un desove manual con fins educativos e para obter un maior número de alevíns.
A volta cara á Aula realízase pola marxe esquerda do Ribeira Grande, no que se aprecia a beleza do río e da vexetación de ribeira.