Ruta da Aceveda

Media
3,30 h
A pé
8 km
Circular
Parque Natural: O Invernadeiro
Inicio/Fin: Casas da Ribeira Pequena
A ruta comeza nas casas da Ribeira Pequena. Pasa polos antigos viveiros de Papelera Española e ascende entre piñeirais, ata un miradoiro cunha boa vista do val do río Ribeira Pequena, para continuar ata o lugar coñecido como Caseta do Birlauto, preto do cal hai outro miradoiro. Percorre as partes altas da serra coñecida como Fial das Corzas. Despois de atravesar varias corgas (curso de auga de pouco caudal nunha pendente) que desembocan no río principal, cóllese unha senda á altura da Cabeza do Fuso que, entre un piñeiral, conduce ata unha plantación de acivros xusto ao lado do actual viveiro do Parque Natural, onde acaba a ruta.