O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Introdución
- Subir ao Alto de San Xiao (ou miradoiro González Páramos, 631 m) para ver os vales dos ríos Miño e Louro. A ermida de San Xiao, onde antes había un castro, é centro de tradicións populares.
- Visitar os restos arqueolóxicos da Muralla Ciclópea.
- Subir a algún dos miradoiros para avistar a riqueza natural deste enclave no que o 80% da súa superficie está cuberta por árbores.
- Visitar o Centro de Interpretación Enxeñeiro Rafael Areses, casa forestal singular en si mesma e lugar de información e exposición interpretativa do Parque Natural. Cerca hay unha senda botánica autoguiada.
- Ter a sorte de ver algunha das 11 especies de anfibios e 14 de réptiles coñecidas en Galicia (hai 25 en total).
Servizos
Centro de Interpretación da Natureza Casa Forestal Enxeñeiro Areses
- Horario de Verán (do 1 de maio ao 30 de setembro, de martes a domingo)
Martes a venres e domingo de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.
Sábados, festivos e pontes de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:00 - Horario de Inverno: (do 1 de outubro ao 30 de abril).
Xoves, venres, sábados, festivos e pontes:
10:00 a 14:00 e 15:30 a 17:30.
Domingos: 10:00 a 14:00. - Horario de Semana Santa: 24-30/03 (2024) e 13-19/04 (2025)
Mañá: 10:00 a 14:30 / Tarde: 15:30 a 17:30. - Horario de Nadal: 23-30/12 (2023) - 6/01 (2024). Pechado 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro.
Mañá: 10:00 a 14:00 / Tarde: 15:30 a 17:30.
- No Centro de Visitantes (grupos ocasionais ou concertados dentro das posibilidades do persoal asignado e do aforo do Centro).
- Por algunha ruta do PN no exterior (grupos ocasionais ou concertados dentro das posibilidades do persoal asignado).
- Unha ruta guiada (voluntaria e de balde) para cada grupo de particulares que visiten o Parque. (Servizo suxeito á cantidade de visitantes que se reciban ese día).
- Unha exposición permanente, a través da cal poderás coñecer mellor o noso Parque.
- Exposicións temporais.
- Charlas temáticas.
- Actividades relacionadas cos días de conmemoración ambientais.
- Actividades interactivas.
- Aparcadoiro próximo.
- Centro adaptado para persoas con mobilidade reducida.
- Paneis interpretativos e material divulgativo.
- Senda Botánica con arboreto ilustrado.
Información de utilidade
Outras app de interese
Sendegal (Android)
Galicia Birding (Android)
Enoturismo en Galicia (Android)
Sendegal (IOS)
Galicia Birding (IOS)
Enoturismo en Galicia (IOS)
A ter en conta
- Deixa o vehículo nos aparcadoiros habilitados.
- Usa o vehículo só nas estradas/camiños habilitados e modera a velocidade cando circules polo interior do Parque.
- Non leves mascotas.
- Arrincar flores e plantas está prohibido, ademais de poñer en perigo especies singulares.
- Non molestes á fauna, non fagas ruído.
- Infórmate dos permisos necesarios para acceder ao Parque ou para facer calquera ruta.
- Antes de facer unha ruta, comproba a dificultade e o tempo que debes investir.
- Planifica con detalle a túa visita, sobre todo se vas en grupo, e equípate convenientemente.
- En moitos dos Parques Naturais organízanse visitas guiadas e interpretadas gratuítas; chama antes.
- Leva o móbil sempre coa batería cargada.
- Camiña polos sendeiros habilitados.
- Respecta a sinalización.
- Precaución coas enchentes dos cursos de auga.
- Precaución ao pisar pedras e troncos cando están mollados xa que son moi escorregadizos.
- Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas.
- Fai un uso responsable do lixo; se non hai colectores, lévao contigo ata que atopes un.
- Non está permitido o baño fóra das zonas habilitadas.
- Respecta as propiedades privadas.
- Usa as áreas recreativas.
- O lume pode destruír a vida do Parque, non o acendas.
- Excepto casos concretos, está prohibida a caza e a pesca. Consulta a normativa de cada Parque Natural.
- Avisa ao persoal do Parque ante calquera incidencia.
O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Ecosistema
Variedade de hábitats
Flora
Árbores e arbustos
Flores
Fieitos
Fauna
Anfibios e réptiles
Aves
Mamíferos
Peixes
Patrimonio material
Testemuños prehistóricos
Muralla Ciclópea
Ermida de San Xiao
Casa Forestal Enxeñeiro Areses
Ermida de San Fins
Patrimonio inmaterial
Lendas do Aloia
O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Como chegar?
- Desde Tui, Gondomar e Baiona: pola estrada PO-340 (Tui-Gondomar) continuar ata o cruzamento que leva a Frinxo e máis arriba, ata o alto do Monte Aloia.
- Desde Vigo: pola A-55, dirección Tui, saída 29; ou pola estrada N-550.
- Desde Ourense: pola autovía das Rías Baixas A-52, enlace coa A-55, dirección Tui.
- Desde Porto (Portugal): autoestrada A-3 ata Valença do Minho, enlace coa A-55, saída 29.
Contacto
Centro de Interpretación da Natureza Casa Forestal Enxeñeiro Areses
Miradoiros
- Celta (604 m). É o miradoiro máis novo do Parque Natural, que atopamos na Ruta da Muralla Ciclópea. Ofrécenos boas vistas do espazo.
- Enxeñeiro Rafael Areses (633 m). O máis rechamante deste miradoiro é a súa formación en liña coa Casa do Enxeñeiro, actual Centro de Interpretación.
- González Páramos ou Alto de San Xiao (631 m). Situado detrás da ermida de San Xiao, as vistas son espectaculares pois vemos a Serra do Galiñeiro, así como as illas Cíes e Ons (que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia).
- Gran Cruz (630 m). Desde este fermoso enclave viaxamos ao sur, coa desembocadura do Miño aos pés do miradoiro. Chega a divisarse o Gerês, a parte portuguesa do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Se hai néboa pola mañá, que adoita desaparecer ao mediodía, a sensación entre o mar de nubes é abraiante.
- O Castelo (618 m). Cunha panorámica similar ao da Gran Cruz, atopámonos cun miradoiro de formación curiosa e máis afastado das multitudes para respirar tranquilidade.
- Oliva (564 m). Destaca polas súas vistas ao val de Tui.
Ocio
Produtos locais
A lamprea é outro dos produtos delicatessen da gastronomía local, tamén unha especie anádroma, e igual que o sábalo e as angulas, faénase de noite.
4 de decembro de 1978. En virtude do Real Decreto 3160/1978 do 4 de decembro, sobre a declaración do “Parque Natural do Monte Aloia (Pontevedra)”, BOE nº 16 de 18/1/1979.
Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN). Decreto 24/2020, do 9 de xaneiro
Documentación
Zona especial de conservación (ZEC) ''Monte Aloia'', ZEC ES1140005; de 783 ha).
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Monte Aloia” de 783 ha.