Ruta da Corga ou do Depósito

Alta
1,30 h
A pé
2 km
Circular
Parque Natural: O Invernadeiro
Inicio/Fin: Aula da Naturaleza
O percorrido iníciase por unha pista ascendente, na parte posterior da Aula. Pouco despois atópase a Central Solar Fotovoltaica nunha zona chaira. A ruta continúa ascendendo ata chegar ao depósito de auga de subministro das instalacións educativas.
O camiño segue por unha senda de lousas que leva ata a toma de auga na Corga da Ortiga, fin do percorrido. Neste último tramo pódese observar a vexetación autóctona do Invernadeiro, así como atopar indicios da presenza de fauna. Retórnase pola mesma senda.