
O tempo
hoxe
mañá
domingo
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Introdución
- O río Eume labra no seu curso final un gran canón envolto en brétemas que garda un extraordinario tesouro botánico. Escoita o silencio e os sons dos pequenos habitantes destas fragas máxicas.
- Recoñecer algunha das 28 especies de fieitos que persisten agochadas desde o período xeolóxico Terciario (despois de que os últimos dinosauros se extinguisen) baixo a sombra de carballos, castiñeiros, bidueiros e ameneiros.
- Identificar, se tes sorte, algunha das máis de cen especies de aves e corenta de mamíferos que conviven con peixes como a troita ou o reo, ou especies endémicas de invertebrados e réptiles difíciles de atopar noutros lugares, como a ra ibérica ou a salamántiga rabilonga.
- A pegada humana no Parque presente en restos prehistóricos, nos monumentos da época medieval (mosteiros de Caaveiro e Monfero) ou en elementos etnográficos como as curripas que testemuñan os usos e aproveitamento destes montes ata o s.XX.
- As vistas desde o mosteiro de Caaveiro, insignia das Fragas do Eume situado no mesmo corazón do Parque, e desde os cinco miradoiros (Teixido, Monte Pendella, Caaveiro, Pena Cavada e Mirador da Carboeira) habilitados en todas as estacións do ano. Unha mesma paisaxe, catro paletas de cores diferentes.
Servizos
Servizos públicos
Centro de Interpretación de Caaveiro
- Horario de Verán (do 1 de maio ao 30 de setembro, de martes a domingo)
Martes a venres e domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
Sábados, festivos e pontes de 10:00 a 14:30 y de 16:00 a 19:00. - Horario de Inverno (do 1 de outubro ao 30 de abril, de martes a domingo)
Martes a venres e domingo de 10:00 a 14:00.
Sábados, festivos e pontes de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00. - Horario de Semana Santa 24-30/03 (2024) y 13-19/04 (2025)
Mañá: 10:30 a14:30 / Tarde: 16:00 a 18:00. - Horario de Nadal: 23-30/12 (2023) - 6/01 (2024).
Mañá: 10:30 a14:30 / Tarde: 16:00 a 18:00.
Excursións guiadas de martes a venres en horario matinal (de balde) para grupos escolares e asociacións sen ánimo de lucro. Consultar dispoñibilidade no teléfono 881 880 980.
Centro de Interpretación de Monfero
- Horario de Verán: (do 1 de maio ao 30 de setembro, de venres a domingo, festivos e pontes)
Venres de 16:00 a 19:30.
Sábado, domingos, festivos e pontes de 10:30 a 14:30 e 16:00 a 19:30. - Horario de Inverno: Pechado agás días de nadal e semana santa
- Horario de Semana santa: 28-31/03 (2024) e 17-20/04 (2025)
Xoves, venres e sábado de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00.
Domingos de 10:30 a 14:30 - Horario de nadal: 23-30/12 (2023) - 6/01 (2024). Pechado 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro
Mañá: 10:30 a 14:30 / Tarde: 16:00 a 18:00.
Centro de Interpretación de A Capela
- Horario de Verán: (do 1 de maio ao 30 de setembro, de venres a domingo, festivos e pontes)
Venres de 16:00 a 19:30.
Sábado, domingos, festivos e pontes de 10:30 a 14:30 e 16:00 a 19:30 - Horario de Inverno: Pechado agás días de nadal e semana santa
- Horario de Semana santa: 28-31/03 (2024) e 17-20/04 (2025)
Xoves, venres e sábado de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00.
Domingos de 10:30 a 14:30 - Horario de nadal: 23-30/12 (2023) - 6/01 (2024). Pechado 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro
Mañá: 10:30 a 14:30 / Tarde: 16:00 a 18:00.
Museo Etnográfico da Capela
Áreas Recreativas
- Áreas recreativas da Xunqueira de arriba e Xunqueira de abaixo (Ombre, Pontedeume).
- Área recreativa da Alameda, nas Fragas do Eume (Ombre, Pontedeume).
Aparcadoiros Públicos
- Xunqueira de Arriba
- Xunqueira de Abaixo
- Alameda (a 800 metros despois do Centro de Intepretación de Caveeiro)
- Aparcadoiro anexo o Centro de Interpretación de Monfero
No centro de Interpretación de A Capela:
- Aparcadoiro anexo o Centro de Interpretación de A Capela
Aviso: SERVIZO AUTOBUSES SEMANA SANTA 2025
No periodo comprendido entre o 11 ata o 21 de abril (ámbolos dous incluidos) cortarase o acceso en vehículos de motor entre o Centro de Interpretación do Parque na estrada de Caaveiro e a ponte de Santa Cristina.
Habilítase un servizo de autobuses entre estes dous puntos co seguinte horario:
HORARIO | ||
---|---|---|
Número de viaxe | Saída do Centro Interpretación | Saída do Mosteiro de Caaveiro |
1 | 10:30 | 11:00 |
2 | 11:30 | 12:00 |
3 | 12:30 | 13:00 |
4 | 13:30 | 14:00 |
5 | 15:00 | 15:30 |
6 | 16:00 | 16:30 |
7 | 17:00 | 17:30 |
8 | 18:00 | 18:30 |
9 | 19:00 (sen viaxeiros) | 19:30 (última volta) |
Paradas: En cada viaxe efectuaranse catro paradas nos seguintes lugares, na orde que corresponda segundo o traxecto:
a) Centro de Interpretación
b) Alameda
c) Puente Cal Grande
d) Puente de Santa Cristina
Ruta de Encomendeiros
Información de utilidade
A ter en conta
- Deixa o vehículo nos aparcadoiros habilitados.
- Usa o vehículo só nas estradas/camiños habilitados e modera a velocidade cando circules polo interior do Parque.
- Non leves mascotas.
- Arrincar flores e plantas está prohibido, ademais de poñer en perigo especies singulares.
- Non molestes á fauna, non fagas ruído.
- Infórmate dos permisos necesarios para acceder ao Parque ou para facer calquera ruta.
- Antes de facer unha ruta, comproba a dificultade e o tempo que debes investir.
- Planifica con detalle a túa visita, sobre todo se vas en grupo, e equípate convenientemente.
- En moitos dos Parques Naturais organizan visitas guiadas e interpretadas gratuítas; chama antes.
En moitos parques naturais podes realizar visitas Autoguiadas con paneis informativos e material divulgativo. - Leva o móbil sempre coa batería cargada.
- Camiña polos sendeiros habilitados.
- Respecta a sinalización.
- Precaución coas enchentes dos cursos de auga.
- Precaución ao pisar pedras e troncos cando están mollados xa que son moi escorregadizos.
- Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas.
- Fai un uso responsable do lixo; se non hai colectores, lévao contigo ata que atopes un.
- Non está permitido o baño fóra das zonas habilitadas.
- Respecta as propiedades privadas.
- Usa as áreas recreativas.
- O lume pode destruír a vida do Parque, non o acendas.
- Excepto casos concretos, está prohibida a caza e a pesca. Consulta a normativa de cada Parque Natural.
- Avisa ao persoal do Parque ante calquera incidencia. 981 432 528
- Ten en conta que durante os períodos de Semana Santa e verán está restrinxido o acceso de vehículos particulares pola estrada que da acceso o mosteiro de Caaveiro entrando ao parque natural polo portal de Pontedeume.

O tempo
hoxe
mañá
domingo
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Ecosistema
Fragas
Matogueira
Eidos
Río Eume
Flora
Árbores e arbustos
Cogomelos
Fieitos
Flores
Liques e brións
Fauna
Anfibios e réptiles
Aves
Invertebrados
Mamíferos
Peixes
Patrimonio material
Da Prehistoria á Idade Media
Legado dos Andrade
Mosteiro de Caaveiro
Mosteiro de Monfero
Patrimonio inmaterial
O soutelo e as curripas

O tempo
hoxe
mañá
domingo
Imaxes
Como chegar?
- Por Caaveiro. Pola estrada DP-6902 hai que dirixirse a Pontedeume ata o río Eume, e a continuación pola vía de servizo chégase ata o Mosteiro de Caaveiro.
- Por A Capela. Desde As Neves, pola estrada AC-564, ata o municipio da Capela. Desde o lugar das Neves, chegamos á central térmica de Ventureira.
- Por Cabanas. Seguindo a estrada AC-564 en dirección ás Pontes, no lugar de Goente, discorre a estrada local ata o encoro do Eume.
- Por Monfero. Chégase ao Mosteiro de Monfero, desde Pontedeume, primeiro pola estrada AC-144 ata o lugar de Ponte da Pedra. A través da estrada AC-151 chegados ao lugar das Travesas (Monfero), de donde parte a estrada DP-5003. Tamén se pode acceder desde o municipio de Irixoa, a través da estrada AC-152 ata o lugar de As Travesas, e de alí, percorrendo a DP-5003.
Contacto
Centro de Interpretación das Fragas do Eume
Localización: Lugar de Andarúbel. Estrada de Ombre a Caaveiro, km 5
Centro de Visitantes de Monfero
Miradoiros
- A Carboeira, Monfero (545 m). Ofrécenos unha das vistas máis bonitas das Fragas do Eume: o encoro rodeado de bosques de carballos e castiñeiros.
- Canón do Eume, A Capela (450 m). Desde este punto vese o canón do Eume e todo o municipio de Monfero. O canón do Eume é a zona de reserva do Parque. Son paredes verticais de pedra de granito situadas entre a presa do Eume e a central eléctrica de Ventureira.
- Pena do Teixo, Monfero (540 m). As vistas amósannos o encoro do Eume e o municipio da Capela.
- Pena Cavada, Monfero (605 m). É o lugar idóneo para intuír o lugar onde o río Eume finaliza os seus 80 km de percorrido, o Golfo Ártabro. Desde aquí vese unha parte importante da costa entre Ferrol e A Coruña, o canón e o encoro.
Ocio
Produtos locais

Documentación
Zona Especial de Conservación, ZEC ES1110003 “Fragas do Eume” (9.127 ha).
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.”Fragas do Eume” de 9.127 ha).