Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel


Introdución

O territorio da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel confórmase a partir dos tramos medios das concas dos ríos Miño e Sil, así como dos seus afluentes, estruturando a reserva en tres grandes unidades paisaxísticas: canóns, chairas e vales e serras. A superficie total da reserva abarca 306.535 ha (núcleo: 17%; tampón: 17%; transición: 66%), supoñendo o 10% do territorio continental de Galicia, repartidas entre 23 municipios das provincias de Lugo e Ourense, dos cales 18 concellos pertencen ao xeodestino Ribeira Sacra (Lugo: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada; Ourense: A Peroxa, A Teixeira, Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil). Ten unha poboación de 75.203 habitantes.

Outras figuras de protección:

  • Zona Especial de Conservación (ZEC): Pena Veidosa, Monte Faro, Río Cabe, Ancares-Courel e Macizo Central.
  • Xeoparque “Montañas do Courel”.
  • ENIL “Loio-Ruxidoira”.
  • Monumento Natural “Pregamento de Campodola-Leixazós”.

Patrimonio Natural

A Reserva de Biosfera forma parte da conca media do Rio Miño, na zona de confluencia deste co seu principal afluente, o Sil, articulándose en tres grandes unidades: unha zona montañosa periférica, entre as que destacan as Montañas do Oribio e do Courel, unha gran superficie de topografía chaira, formada polo recheo dunha conca sedimentaria de orixe Cenozoico, e os canóns fluviais do Miño e Sil.

Nas zonas de montaña consérvanse ademais importantes superficies configuradas por mosaicos de hábitats naturais – seminaturais, representados por queirogais secos europeos, distintos tipos de bosques caducifolios e perennifolios, humidais, medios rochosos, etc. A área alberga unha elevada diversidade de hábitats de interese comunitario.

Ao tratarse dunha área de transición de dúas rexións bioxeografías de características diferentes (a Rexión Atlántica e a Rexión Mediterránea) o territorio alberga unha elevada riqueza de especies silvestres, tanto no relativo á flora como á fauna. Moitas destas especies foron catalogadas como en perigo de extinción ou vulnerables talles como o oso pardo, o gato montés, o Galemys pyrenaicus e diferentes especies de morcegos. Tamén destaca pola súa extraordinaria diversidade florística, onde conflúen elementos atlánticos, eurosiberianos e mediterráneos. Subliñar a presenza de Arabis juressiSilene acutifoliaVeronica micranthaEryngium duriaei juresianumSchistotega pennataNarcissus asturiensisN. cyclamineusN. Triandrus e Orchis provincialis.

Patrimonio Cultural

Os principais sectores que contribuíron ao desenvolvemento sostible desta zona foron a viticultura, a gandería e o turismo, sobre cuxa base se estableceu un desenvolvemento rural, social e económico do territorio. Cabe destacar a presenza de numerosa arquitectura de poboamentos castrexos e tamén relixiosa representante do románico.

O principal núcleo urbano é a cidade de Monforte de Lemos (Lugo) que, nos últimos anos, é o motor de proxectos e plans destinados a un uso sostible dos recursos naturais, poñendo en valor produtos de calidade que axuntan aspectos xeolóxicos, culturais e históricos do territorio.
A paisaxe está representado por distintos tipos de agro-sistemas tradicionais, conformados por un mosaico de viñedos (socalcos), prados, terreos de labor, hortos froiteiros, e pequenas áreas arbóreas.

Existen dúas rutas do Camiño de Santiago que serven de peregrinación cara a capital de Galicia: o Camiño do Norte de España e o Camiño Francés, ambos declarados Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco.

Servizos

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Como chegar?

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

Non hai documentos que amosar.