"Experiencias Naturais" é una iniciativa de turismo na natureza froito do acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia de Turismo de Galicia, para o desenvolvemento conxunto de actividades de fomento do uso público e turístico dos seis parques naturais de Galicia.
Este oferta está centrada na creación de paquetes de servizos e da oferta turística presente no contorna de cada parque natural; una oferta extensa e variada que ofrece , aloxamentos de turismo rural, restauración, oferta complementaria,visitas guiadas,rutas fotográficas ou ornitolóxicas,combinar o deporte e o turismo facendo sendeirismo, ciclismo,equitación ou ben saídas en barco, kaiak, paddle surf ou paddleboard; permite visitar covas, aldeas ou adegas.
En definitiva trátase de crear sinerxias entre as iconas naturais de Galicia e de ofrecer un servizo máis eficaz aos miles de galegos e visitantes que se deciden a acudir a un destes espazos pero sempre desde un punto de vista sustentable.
Monte Aloia
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Fragas do Eume
Invernadeiro
Serra da Enciña da Lastra
Baixa Limia - Serra do Xurés