Documentación
Documentación
O Decreto 69/2016, de 19 de maio crea la Rede de parques naturais de Galicia, que se configura como un sistema integrado e unitario de todos os espazos naturais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten coa declaración de parque natural en virtude da normativa vixente.
Coa creación desta rede promocionarase e porase en valor para toda a sociedade as principais figuras do noso patrimonio natural e cultural, a educación ambiental, a difusión e investigación dos parques naturais, así como o turismo sostible e outras actividades para o desenvolvemento socioeconómico das poboacións próximas aos mesmos. En definitiva, trátase de converter os seis parques naturais, xunto co parque nacional, nun modelo de xestión compartido e coordinado, que garanta as sinerxías para a súa posta en valor, conservación e promoción, así como dinamizar as economías locais próximas.