
O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Introdución
- Percorrer a ruta Val do Sil para interpretar todos os valores naturais que levaron a declarar este espazo protexido como Parque Natural e ver os farallóns calcarios.
- Recoñecer algunha das 25 especies de orquídeas que medran aquí, a mellor representación do territorio galego.
- Identificar gran número de especies mediterráneas como a aciñeira, a árbore que lle dá nome ao Parque Natural, e outras aromáticas como o tomiño, o ourego ou o cantroxo.
- Subir a algún dos 9 miradoiros do Parque para gozar coas vistas panorámicas: Caprada en Oulego, Alta da Escrita en Biobra, Tanque de Covas ou a Portela en Vilardesilva.
- Visitar algunha das aldeas do Parque Natural (Oulego, O Robledo, Porto, O Real, Biobra, Covas, Vilardesilva ou Pardollán), facendo unha parada para apreciar a beleza da igrexa do Real ou a ermida de Santo Estevo de Pardollán.
Servizos
Centro de Visitantes de Biobra
- Horario de Verán ( do 1 de maio ao 30 de setembro, de venres a domingos, festivos e pontes)
Venres de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:30.
Sábados, domingos, festivos e pontes de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:30. - Horario de Inverno: (do 01 de marzo ao 30 de abril e do 01 de outubro ao 30 de novembro, sábado, domingo, festivos e pontes).
Sábados, festivos e pontes de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00.
Domingo de 10:30 a 14:30. - Horario de Semana Santa: 24-30/03 (2024) e 13-19/04 (2025).
Mañá: 10:30 a 14:30 / Tarde: 16:00 a 18:00
Contactar antes:
Os luns os centros de visitantes permaneceran pechados para descanso do persoal.
Os días 24, 25 e 31 de decembro, xunto co 1 de xaneiro, todos os centros permanecerán pechados.
Información de utilidade
A ter en conta
- Deixa o vehículo nos aparcadoiros habilitados.
- Usa o vehículo só nas estradas/camiños habilitados e modera a velocidade cando circules polo interior do Parque.
- Non leves mascotas.
- Arrincar flores e plantas está prohibido, ademais de poñer en perigo especies singulares.
- Non molestes á fauna, non fagas ruído.
- Infórmate dos permisos necesarios para acceder ao Parque ou para facer calquera ruta.
- Antes de facer unha ruta, comproba a dificultade e o tempo que debes investir.
- Planifica con detalle a túa visita, sobre todo se vas en grupo, e equípate convenientemente.
- En moitos dos Parques Naturais organizan visitas guiadas e interpretadas gratuítas; chama antes.
- Leva o móbil sempre coa batería cargada.
- Camiña polos sendeiros habilitados.
- Respecta a sinalización.
- Precaución coas enchentes dos cursos de auga.
- Precaución ao pisar pedras e troncos cando están mollados xa que son moi escorregadizos.
- Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas.
- Fai un uso responsable do lixo; se non hai colectores, lévao contigo ata que atopes un.
- Non está permitido o baño fóra das zonas habilitadas.
- Respecta as propiedades privadas.
- Usa as áreas recreativas.
- O lume pode destruír a vida do Parque, non o acendas.
- Excepto casos concretos, está prohibida a caza e a pesca. Consulta a normativa de cada Parque Natural.
- Prohibido sobrevoar o espazo con calquera tipo de aeronave por baixo dos 1.412 m.
- Escalar na zona de reserva.
- Avisa ao persoal do Parque ante calquera incidencia.

O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Ecosistema
Endemismos calcarios e rarezas
Flora
Árbores e arbustos
Flores
Matogueiras
Orquídeas
Zonas rochosas
Fauna
Anfibios e réptiles
Aves
Invertebrados
Mamíferos
Peixes
Patrimonio material
Covas
Da Prehistoria á romanización
Patrimonio relixioso
Patrimonio etnográfico
Patrimonio inmaterial
A explotación da pedra calcaria

O tempo
hoxe
mañá
Imaxes
Como chegar?
- O espazo natural está atravesado pola estrada N-120 (Ponferrada-Ourense). Á parte norte da área (Oulego) conduce a estrada comarcal OU-622.
- A N-536, entre as localidades leonesas de Carucedo e Puente de Domingo Flórez, bordea o límite oriental do Parque Natural, que se pode percorrer desde as localidades de Pardollán e Vilardesilva.
- Hai un apeadeiro de ferrocarril en Covas.
Permisos necesarios
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
Contacto
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
Miradoiros
- Alto da Escrita-Biobra (807 m). Vese o val do Galir e do Sil con impresionantes cortados ao fondo.
- A Petada-Oulego (760 m). Preciosa vista de Oulego.
- A Portela-Vilardesilva (640 m). Espectacular vista de Vilardesilva e do cortado de Penarrubia.
- Caprada ao norte de Oulego (820 m). Impresionante vista da cara norte dos Penedos de Oulego.
- Fonte N-120-Covas (560 m). Vista do val de Covas e do río Sil.
- Pardollán (540 m). Vista do val do Sil en Penarrubia e Pardollán.
- Tanque-Covas (647 m). É o mellor lugar do Parque para ver aves rapaces xa que desde aquí se divisa o Estreito de Covas e Pena Falcueira, cortados nos que nidifican moitas destas aves. A Pena Falcueira non está permitido acceder por ser zona de reserva do Parque.
- Túnel N-120-Covas (540 m). Vista do val de Covas e do río Sil.
- Valdesalvador-Biobra (800 m). Vista do val do Galir e de Serra Malvela.
Ocio
En Pena Trevinca, cara ao sueste de Enciña da Lastra, paga a pena marabillarse coas augas cristalinas dos lagos glaciares de Ocelo e Lagoa da Serpe e, de camiño, parar no Teixedal de Casaio, un dos maiores bosques de teixos de Europa.
Produtos locais

Documentación
O área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades autónomas de Galicia e Castilla e León, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).
Zona especial de conservación "Serra da Enciña da Lastra”, ZEC ES1130009, 1.787 ha
Zona de especial protección para as aves (ZEPA) "Serra da Enciña da Lastra”, ZEPA ES1130009; de 1.787 ha.
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Serra da Enciña da Lastra” de 1.742 ha.
