Ruta da Ermida de Santo Estevo

Media
3 h
A pé
6 km
Circular
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio/Fin: Área descanso de Pardollán
Nunha área de descanso preto de Pardollán, comezamos a andaina dirixíndonos á aldea. Á altura das primeiras casas existe un sendeiro á dereita cun elevado desnivel que nos leva á ermida de Santo Estevo entre bosques de aciñeiras. O esforzo paga a pena polo conxunto: ermida, muíño, auga procedente de cova e de contorno calcario con bosque mediterráneo.
A outra alternativa é atravesar a aldea de Pardollán e desviarnos á dereita pola pista que pasa ao lado do cemiterio. Continuando a ascensión chegamos a unha corga desde onde divisamos unha espléndida panorámica de Pardollán. Seguimos ascendendo ata o Alto do Carballín, tras atravesar pasteiros e deixar á dereita unha antiga mina de pintura.
Descendemos a Vilardesilva ata chegar ao miradoiro en fronte a Penarrubia para continuar en dirección Pardollán ata chegar á área de partida.