Ruta Tras os Penedos

Baixa
25 min
A pé
1,5 km
Circular
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio/Fin: Área de descanso Caprada
A ruta comeza na área de descanso de Caprada, desde a que divisamos unha fermosa panorámica das abas norte dos impresionantes Penedos de Oulego, estando omnipresentes durante todo o percorrido da ruta. Comezamos a camiñada entre matogueiras de xestas e de uces para, axiña atopar as primeiras repoboacións de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii), cipreses (Cupresus sp), xunto a outras frondosas entre as que temos: carballo americano (Quercus rubra), faias (Fagus sylvatica) ou cerdeiras (Prunus avium). Unha vez cruzado o regato pasamos xunto a un souto de castiñeiros, atopando algún pé de teixo (Taxus baccata), para coller o sendeiro ascendente que nos levará á zona onde comezou a ruta.