Ruta do Real de Oulego

Media
2,30 h
A pé
4 km
Lineal
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio: Oulego/O Robledo da Lastra
Fin: Oulego/O Robledo da Lastra
O camiño comeza en Oulego na área de descanso da Ponte ao carón do río Galir. Hai que coller á esquerda por un camiño agrícola que discorre paralelo, pola dereita e pola esquerda, ao curso fluvial despois de cruzalo por dous pontóns de madeira (Pontón de Lavegos e Pontón de Real de Oulego). Transcorre por terras dedicadas a viñedo, hortas, pasteiros, chopeiras e a partes baixas dos extensos soutos dos veciños de Oulego. Na beira do curso fluvial atopamos salgueiros, freixos, amieiros e chopos.
Unha vez na beira dereita do río Galir, colleremos a pista que nos levará ata a aldea do Robledo da Lastra. A ruta pódese facer en sentido inverso.