Camiño dos Encomendeiros

Media
2 h
A pé
5,5 km
Lineal
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio: Cal Grande (Pontedeume)

Videointerpretación ruta da Camiño dos Encomendeiros

INHABILITADA TEMPORALMENTE

 

Tramo 1. Da ponte de Cal Grande á ponte de Fornelos: 3 km.

Tramo 2. Da ponte colgante de Fornelos á ponte de Santa Cristina (ou de Caaveiro): 2,5 km.

Tramo 3. Circular de Caaveiro: 2 km.

A ruta parte da ponte colgante de Cal Grande e discorre río arriba ata chegar á ponte de Caaveiro; aquí ascende ata o mosteiro para volver sobre si mesma, paralela ao río Sesín. Pódese acurtar a súa lonxitude iniciando o camiño na ponte colgante de Fornelos ou ben camiñanado só o tramo circular do Sesín. Tamén pode alongarse realizando 2,5 quilómetros pola estrada dende o Centro de Intepretación de Caaveiro ate a ponte colgante de Cal Grande.

 

O tramo desde a Ponte colgante de Cal Grande ate a Ponte colgante de Fornelos é un tramo de dificultade baixa, aquí podes cruzar o río e realizar o último tramo ate a ponte de Santa Cristina ou seguir polo sendeiro. Se escollemos esta opción debemos ter en contan que nos atoparemos unha zona de pendente tanto de subida como de baixada que conta cunhas cordas para poder axudarnos.

 

Como chegar?

Desde Pontedeume tómase a estrada AC-144 en dirección a Monfero; a escasos dous kilómetros, vírase á esqueda en dirección a Ombre e ao mosteiro de Caaveiro (CP-6902). Hai que continuar sempre de fronte-sobre 7 quilómetros, pasando o centro de visitantes do parque natural ata chegar ao refuxio de pescadores de Cal Grande.

 

Accesibilidade con bicicleta de montaña

Non é apto aínda que si se pode ir pola estrada

 

En verán, a partir de mediados de xuño a estrada que sube a Caaveiro está pechada, só se pode chegar en vehículo particular ata a Alameda ou coller o tícket para subir en autobús no Centro de Interpretación. Se ten dúbidas, chame ao 981 432 528