Camiño dos Cerqueiros

Baixa
2,30 h
A pé
7,5 km
Circular
Parque Natural: Fragas do Eume
Inicio/Fin: A Portela de Montelongo (Monfero)

Videointerpretación ruta da Camiño dos Cerqueiros

A ruta dos Cerqueiros ofrece unha boa aproximación a todos os ecosistemas do Parque. Comeza nos piñeirais das zonas máis altas, desde onde descende ata as fragas cubertas de liques máis próximas ao encoro. Ofrece boas vistas do municipio das Pontes de García Rodríguez e do val do Xestoso desde o miradoiro do monte da Carboeira, preto da casa dos Esterqueiros.

Como chegar?

Desde o Mosteiro de Monfero tomaremos dirección á Visura; alí xiramos a dereita cara á aldea Pila da Leña e continuamos de fronte ata chegar a unha subida. Atoparemos en primeiro o inicio ruta dos cumios de Sanguiñedo; a poucos metros, outra pista de terra á man esqueda inicia a ruta dos Cerqueiros.