Comeza no primeiro tramo da senda dos Cerqueiros, nunha zona de matogueira. No traxecto cruzaremos primeiro matogueira baixa de queiroas e toxos, unha zona de pasto e introducirémonos a continuación nunha fraga de carballos de bidueiros seguindo o antigo camiño que unía as aldeas de Teixeiro e Os Esterqueiros. O final lévanos outra vez á senda de Cerqueiros, moi preto do miradoiro da Carboeira.
Como chegar?
Desde o Mosteiro de Monfero tomaremos dirección á Visura; alí xiramos a dereita cara á aldea “Pila da Leña” e continuamos de fronte ata chegar a unha subida. Atoparemos en primeiro o inicio da ruta dos cumios de Sanguiñedo; a poucos metros, outra pista de terra á man esquerda inicia a ruta dos Cerqueiros. Os Corzos é unha variante da ruta dos Cerqueiros que nos permite reducir a súa lonxitude, camiñando entre fragas de carballos e castiñeiros.