Baixa
3,30 h
A pé
10 km
Circular
Parque Natural:
Fragas do Eume
Inicio/Fin: A Marola (Monfero)
O camiño discorre polos montes da Marola e Pena Fesa (709 m); este último é un dos máis elevados da provincia da Coruña. A meirande parte da ruta, con excelentes vistas, faise por pistas forestais despexadas e estradas sen tráfico. Este percorrido é especialmente recomendable para facer con nenos a partir de seis anos.
Como chegar?
Desde o Mosteiro de Monfero tomaremos dirección á Visura; alí xiramos á dereita cara á aldea Pila da leña e continuamos de fronte ata chegar a unha subida. Atoparemos en primeiro lugar o inicio da ruta dos Cumios de Sanguiñedo; a poucos metros, outra pista de terra á man esquerda inicia o camiño dos Cerqueiros, e logo, no alto hai unha explanada onde comeza a ruta.