Ruta Norte (Ons)

Media
1,5 horas
A pé
8,1 km
Circular
Inicio/Fin: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta Norte (Ons)

Tras cruzar a aldea de Curro, o itinerario discorre pola senda que sae á dereita cara ao norte. Pasa pola Fonte do Castelo e, tras tomar outra pista á dereita, bordea a costa leste de Ons cara á praia de Melide. No seguinte cruzamento despois da praia, tamén á dereita, o camiño leva ao miradoiro de Punta Centolo (100 m). Por ser zona de cría de aves mariñas, o acceso ao miradoiro está restrinxido desde o 15 de febreiro ata o 31 de xullo. De volta no cruzamento, o camiño da dereita conduce ao suroeste, rodeando a maior parte da costa occidental ata chegar ao punto máis alto do itinerario: o punto no que se xuntan a pista que vén de Faro e o sendeiro que chega ata Punta Liñeiros. Tras descender á enseada de Caniveliñas, o itinerario volta ao punto de partida.
Variante curta: despois da praia de Melide, tomamos o camiño que sae á esquerda cara ao Faro, desde onde se baixa directamente por una pista asfaltada ata Curro (5 km; 2 horas e 15 minutos).