Ruta do Faro da Porta (Cíes)

Media
1,10 horas
A pé
5,2 km
Lineal
Inicio: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta do Faro da Porta (Cíes)

O itinerario cruza da Illa de Monteagudo á de Faro a través do dique que as une. Tras deixar atrás o cámping, pasa polo Centro de Información, onde se pode visitar unha exposición interpretativa dos valores do Parque. No cruce principal, continúa pola pista de rodeiras deixando atrás a praia de Nosa Señora. A partir do embarcadoiro de Carracido, o camiño ascende levemente (desnivel de 55 m) percorrendo a costa sur da illa, ata finalizar no Faro da Porta, desde o que se ve unha boa panorámica da Illa de San Martiño.