Baixa
1 h
A pé
4 km
Circular
Parque Natural:
Monte Aloia
Inicio/Fin: Frinxo
A ruta, de grande interese arqueolóxico, lévanos ao Alto dos Cubos ou miradoiro Cabeza de Francos, que toma o seu nome do barrio situado aos pés. Este punto ofrece unhas boas vistas sobre o río Miño. De percorrido circular, desde este alto báixase ata a pista de Trapa. Logo da poza de Trapa, a ruta sobe ata Frinxo de novo, cruzando por unha zona de frondosas.
A ruta transcorre entre bosque mixto, moi representativo do sur de Galicia, formado principalmente por piñeiros (Pinus pinaster) e carballos (Quercus robur) alternando entre pistas forestais e camiños estreitos á sombra de este bosque.