Este luns 6 de marzo tivo lugar na sede do IBADER a reunión dos representantes das entidades xestoras e do comité científico das 6 Reservas da Biosfera galegas co gallo do seu seguimento para o período 2015-2016.
Aproveitouse a presenza dos xestores para presentar, por parte do CEIDA, a “Campaña de prevención e control das especies exóticas invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia”, proxecto apoiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Este proxecto ten como obxectivo contribuír á conservación da biodiversidade mediante unha campaña de formación e sensibilización para a prevención e control das especies exóticas invasoras na que se incluirá un Seminario formativo, un Programa de voluntariado e un Programa de participación dos centros educativos do territorio das Reservas da Biosfera de Galicia.
Reunión dos representantes das entidades xestoras e do comité científico das seis Reservas da Biosfera galegas
martes, Marzo 14, 2017