Ruta circular por Cortegada

Baixa
40 minutos
A pé
3,2 km
Circular
Inicio/Fin: Antigo embarcadoiro. Acceso en viaxes para grupos organizados ou en embarcación propia, con permiso de navegación e fondeo.

Videointerpretación ruta da Ruta circular por Cortegada

Ao inicio desta ruta está a ermida dos Milagres, xunto á que antigamente se atopaba un pequeno hospital e o cruceiro de Punta do Patino, un dos tres que hai no arquipélago pertencentes á Ruta Xacobea Mar de Arousa. Esta ruta conmemora a chegada a Galicia por mar do corpo do Apóstolo Santiago. O segundo cruceiro está nunha das Malveiras e o terceiro, en Punta Corveiro.
O itinerario bordea a illa pola beira do mar, deixando ver os illotes de Malveira Grande, Malveira Chica, o Con e Briñas, todos eles catalogados como zonas de reserva. O bosque de loureiros, o cruceiro de Punta Corveiro ou as ruínas da aldea de Cortegada son outros dos atractivos desta ruta circular, da que se pode realizar unha versión curta atallando polo interior da illa (2,1 km, 25 min).