




Parque Natural:
Parque nacional das Illas Atlánticas
Inicio: Peirao. Acceso en viaxes para grupos organizados ou en embarcación propia, con permiso de navegación e fondeo.
O itinerario discorre por unha pista que dá servizo ao faro, ofrecendo espectaculares vistas sobre o mar coa illa de Ons no horizonte. O visitante poderá ver de preto a escultura da serea de Sálvora; o Pazo de Goyanes, construído sobre o antigo almacén da fábrica de salgadura; e unha pequena capela, que noutros tempos deu servizo aos mariñeiros como taberna.
Ao chegar á porta do faro, a senda xira á dereita cara a unha zona un pouco máis alta que nos ofrece unha magnífica panorámica do edificio do faro e do Con de Lapegar (onde naufragou o vapor Santa Isabel, 1921) á dereita. O desnivel da ruta é de 24 metros.