Ruta do Castelo (Ons)

Baixa
20 minutos
A pé
1,1 km
Circular
Inicio/Fin: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta do Castelo (Ons)

O itinerario, que se inicia preto da fonte da mesma praia de Dornas, discorre por un sendeiro que bordea suavemente a costa cara ao norte ata chegar ao miradoiro do Castelo (33 m), antiga fortificación de carácter defensivo hoxe en día en ruínas. A ruta continúa por un camiño que se interna nun pequeno bosque de salgueiros, por debaixo da fonte do Castelo. Desde aí, a pista cara á esquerda conduce de regreso á aldea.