Media
1,30 horas
A pé
6,2 km
Circular
Parque Natural:
Parque nacional das Illas Atlánticas
Inicio/Fin: Curro
O camiño discorre cara ao sur paralelo ás praias da costa sueste: Area dos Cans, Canexol e Pereiró. Ao pasar o Campamento Xuvenil, o itinerario xira á esquerda en dirección ao miradoiro de Fedorentos. A ruta prosegue cara ao oeste ata chegar ao Buraco do Inferno, curiosa formación xeolóxica construída polos embates do océano. Desde aquí, a senda bordea a costa occidental ata alcanzar a enseada de Caniveliñas, desde onde se regresa de volta a Curro. O desnivel da ruta é de 86 m e está sinalizada con cor verde.
Variante longa: en lugar de tomar o desvío de volta á aldea, é posible conectar coa Ruta Norte e, esquecéndose das frechas, completar todo o perímetro de Ons (13,5 km; 6/7 horas).
Variante curta: existe unha versión menos esixente. Pasado o Campamento Xuvenil, collemos á dereita desembocando directamente na enseada de Caniveliñas (3,5 km; 1h).