Ruta do Faro do Peito (Cíes)

Media
1,10 horas
A pé
5 km
Lineal
Inicio: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta do Faro do Peito (Cíes)

O itinerario diríxese cara a praia de Figueiras e ascende ata o cruce principal da Illa de Monteagudo, desde onde continúa ata a Valgada, un pequeno outeiro despexado de vexetación onde está o antigo queimadeiro, para seguir por unha pista que conduce ao pé do Alto de Monteagudo. Na bifurcación, o camiño da esquerda é o que leva ao observatorio de aves. Aínda que desde aquí é visible o Faro do Peito ou de Monteagudo, é preciso retroceder un pouco e descender por unha senda á esquerda que enlaza co camiño que leva ata el. Baixando por unha pequena pista de cemento, é posible achegarse a unha pequena furna ou cova mariña. O desnivel da ruta é de 60 m.