Ruta do Alto do Príncipe (Cíes)

Baixa
55 m
A pé
3,4 km
Lineal
Inicio: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta do Alto do Príncipe (Cíes)

A ruta diríxese cara a praia de Figueiras, tomando o camiño á dereita da Caseta de Información. Ascende despois ata o cruce principal de Monteagudo, lugar onde un desvío á esquerda conduce entre piñeiros e matogueira ao Alto do Príncipe. Neste punto hai unha espectacular vista dos cantís desde a “Silla da Raíña”, unha formación rochosa natural que se asoma sobre o océano Atlántico a xeito de balcón natural. O desnivel da ruta é de 122 m.