Ruta do Monte Faro (Cíes)

Media
2,10 horas
A pé
7 km
Lineal
Inicio: Caseta de Información

Videointerpretación ruta da Ruta do Monte Faro (Cíes)

O itinerario cruza da Illa de Monteagudo á de Faro a través do dique que une ambas illas. Tras deixar atrás o cámping, pasa polo Centro de Información, onde se pode visitar unha exposición interpretativa dos valores do Parque Nacional. Máis adiante, á altura da praia de Nosa Señora, xira á dereita no cruce e ascende en zigzag ata o Faro. A media subida, un camiño á dereita permite contemplar a curiosa Pedra da Campá, perforada polos ventos atlánticos, e cen metros máis aló hai un observatorio de aves. De volta ao camiño principal, a ruta serpea cara ao cumio do monte, con 175 m de altitude.