Media/Alta
12 h
A pé
22 km
Lineal
Parque Natural:
Baixa Limia - Serra do Xurés
Inicio: Reitoral de Torrente (Muíños)
Fin: Aldea de Salgueiro
O percorrido iníciase nas inmediacións da Reitoral de San Pedro, despois de visitar os muíños de Torrente. Ascende atravesando unha zona de bosque ata chegar á ermida da Clamadoira, con boas vistas da zona. Continúa por unha zona de mato ata a aldea de Prado, seguindo pola beira do río Salas e do Torrente de Salgueiro.
O final do itinerario está na ecoaldea de Salgueiro, de acceso regulado (11 km ida). A posibilidade de tránsito debe consultarse coa oficina do Parque Natural en Lobios (988 788 755 ou parque.natural.xures@xunta.gal).