Neste apartado podemos atopar unha representación da Rede Natura 2000, concretamente de Zonas Especiais de Conservación e dos Monumentos Naturais.
As Zonas Especiais de Conservación, son lugares de importancia comunitaria declarados e xa aprobados pola Comisión Europea, sometidos a unha declaración pola Comunidade Autónoma, mediante un acto regulamentario, no cal se aplican as medidas de conservación necesarias para o mantemento ou restablecemento dun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e/ ou das pobocións das especies para as cales se designara o lugar.
Dun total de 59 ZECS existentes en Galicia, neste apartado de “outros espazos” podemos observar catro:
- O Courel
- Canóns do Sil
- Carnota-Monte Pindo
- Monumento Natural da Praia das Catedrais. O Monumento natural Praia das Catedrais, posúe unha categoría protección a maiores como Monumento Natural. Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituídos básicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial.