Experiencias Naturais

"Experiencias Naturais" é una iniciativa de turismo na natureza  froito do acordo de colaboración entre  a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia de Turismo de Galicia, para  o desenvolvemento conxunto de actividades de fomento do uso público e turístico dos  seis parques  naturais de Galicia.

Este oferta está centrada na creación de paquetes de servizos e da oferta turística presente no contorna de cada parque natural; una oferta  extensa e variada que ofrece , aloxamentos de turismo rural, restauración, oferta complementaria,visitas guiadas,rutas fotográficas ou ornitolóxicas,combinar o deporte e o turismo facendo sendeirismo, ciclismo,equitación ou ben saídas en barco, kaiak, paddle surf ou paddleboard; permite visitar covas, aldeas ou adegas.

En definitiva trátase de crear sinerxias entre as iconas naturais de Galicia e de ofrecer un servizo máis eficaz aos miles de galegos e visitantes que se deciden a acudir a un destes espazos pero sempre desde un punto de vista sustentable.

Monte Aloia

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Fragas do Eume

Invernadeiro

Serra da Enciña da Lastra

Baixa Limia - Serra do Xurés