Introdución
A Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón ocupa unha superficie de 159.379 ha, das que 496 ha corresponden a augas mariñas someras, próximas á costa de ambas as comunidades e adxacentes ao estuario do río Eo.
En consecuencia, a Reserva abrangue un total de 158.883 ha terrestre repartidas en 14 municipios: 7 na parte galega (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, todos eles da provincia de Lugo) e 7 da parte asturiana (Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos). Con todo, a repartición superficial non está tan equilibrada, xa que dúas terceiras partes (algo máis de 108.000 ha) atópanse dentro do territorio galego, mentres que o terzo restante (51.000 ha) é territorio asturiano.
Patrimonio Natural
No territorio da reserva é posible identificar un total de 41 tipos de hábitats de interese comunitario, dos que 11 son considerados prioritarios, centrados fundamentalmente nos ecosistemas dunares, as matogueiras costeiras, zonas húmidas continentais e bosques ligados a medios húmidos.
Entre as especies máis destacables están diferentes especies que habitan nos corredores fluviais como o salmón atlántico (Salmo salar), a lamprea (Petromyzon marinus), o mexillón de río (Margaritifera margaritifera), o cangrexo de río (Austropotamobius pallipes) e, entre os mamíferos pódese citar a nutria (Lutra lutra) ou o rato de almiscre ibérico (Galemys pyrenaicus).
Entre as especies de flora de interese, poden destacarse taxons nemorais característicos de formacións do Terciario, como Woodwardia radicans e Vandenboschia speciosa, especies propias de matogueiras húmidas como Sphagnum pylaesii, ou os narcisos Narcissus asturiensis e N. triandrus.
Tamén as augas mariñas da reserva posúen unha relevante importancia, posto que nestas foi identificada a única especie prioritaria, a tartaruga careta (Caretta caretta).
Patrimonio Cultural
Os restos tumulares e dolmens son moi abundantes e aparecen repartidos por todo o territorio da reserva, así como a multitude de conxuntos da cultura castrexa.
Ademais destes restos, é abundante o patrimonio arquitectónico, correspondente tanto á arquitectura relixiosa como civil. A primeira ten unha gran tradición, posto que houbo nestas terras varias fundacións monásticas, ademais dun importante conxunto de capelas, igrexas e ermidas.
Tamén destaca o patrimonio de tipo etnográfico, representado por pallozas, hórreos, cabazos, pombais, trobos, cortizos, alvarizas (para protexer as colmeas dos depredadores), corripas ou ouriceiras
Existen dúas rutas do Camiño de Santiago que serven de peregrinación cara a capital de Galicia: a Ruta da Costa e o Camiño Primitivo, ambos declarados Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco.
Outros recursos
- http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/seccion.html&std=Reservas_biosfera.html&sub=Areas_protexidas_de_ambito_internacional/
- Visor do espazo natural
- Plan de Xestión da RB Río Eo-Oscos-Terras de Burón Descargar
- http://rerb.oapn.es/
- http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/espacios-protegidos/red-natura-2000/lic_galicia.aspx
- Río Eo, Oscos y Terras de Burón:unha reserva da biosfera costeira.
- Web do Principado de Asturias: https://ddei5-0-ctp.trendmicro.com:443/wis/clicktime/v1/query?url=http%3a%2f%2fnaturalezadeasturias.es%2fespacios%2fvisita%2fdestinos%2fRB%2doscos%2deo.html&umid=9803048E-D9DC-9805-B2C8-87B120328B6A&auth=4ceff9107ab9c25786f1a828bbcb8ff8204474b0-2b10f3cbf90a4e162e153d53f94691246f43cda0
- Terras de Burón
Información de utilidade
- Centro de Interpretación do Río Eo e do bosque de A Marronda Dirección: Fonteo (Baleira) Aula da Natureza Casa da Ría Dirección: Monte de Santa Cruz - Ribadeo
- Concello de Castropol
- Concello de Vegadeo
- Concello de San Tirso de Abres
- Concello de Taramundi
- Concello de Villanueva de Oscos
- Concello de San Martín de Oscos
- Concello de Santa Eulalia de Oscos
- Concello de A Pontenova
- Concello de Baleira
- Concello de Fonsagrada
- Concello de Negueira de Muñiz
- Concello de Ribadeo
- Concello de Ribeira de Piquín
- Concello de Trabada
A ter en conta
A localidade galega de Ribadeo e as asturianas de Castropol e Vegadeo/A Veiga concentran a maior parte da poboación. Son o acceso a puntos turísticos como o treito costeiro e as praias tamén incluídas dentro da Reserva (Ver Monumento Natural A Praia das Catedrais). Existen dúas excelentes maneiras de coñecer a diversidade paisaxística da zona. Unha é percorrer a Vía Verde do Eo que recuperou once quilómetros do histórico trazado ferroviario vinculado ás minas do ferro. O punto de partida da ruta está ao pé das vellas chemineas dos fornos da Pontenova. Para acompañar o río atravésanse varios húmidos túneles e pontes colgantes ata o lugar do Cairo, onde ao Eo lle entra a présa por chegar a San Tirso de Abres, meta da Vía Verde. A importancia do tren do ferro rexorde en Ribadeo, recuperando o antigo percorrido ata o Cargadoiro, próximo á fortaleza de San Damián. Todo nun paseo marítimo ata o límite de Illa Pancha.
Non hai documentos que amosar.