
O tempo
hoxe
mañá
venres
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Introdución
- En menos de mil hectáreas de superficie, Corrubedo posúe a duna móbil máis grande do noroeste peninsular. O conxunto xeolóxico do Parque Natural formouse hai 12.000 ou 15.000 anos, no Cuaternario, a época na que desapareceron os mamuts e os mastodontes ou se desenvolveron os humanos anatomicamente modernos.
- Visitar as dúas lagoas do Parque, ben distintas entre si: unha de auga doce (Vixán) e outra salobre que comunica co mar (Carregal).
- As extensas zonas anegadas constitúen áreas húmidas de importancia internacional no paso de aves que aniñan no lugar. Na lagoa de Vixán hai un observatorio de aves.
- Subir ao miradoiro de Pedra da Ra para ter unha perspectiva da duna móbil e de varias illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
- Bañarse na praia do Parque. A coñecida como praia de Corrubedo é unha consecución de dous areais: o de Ladeira e o do Vilar, de máis de 3 km de longo.
Servizos
Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa
- Horario de Verán (do 1 de maio ao 30 de setembro, de martes a domingo)
Martes a domingo, festivos e pontes de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:30. - Horario de Inverno (del 1 de octubre al 30 de abril)
Jueves, viernes y domingo 10:30 a 14:30
Sábados, festivos y puentes 10:30 a 14:30 y de 16:00 a 18:00 - Horario de Semana Santa: 13-19/04 (2025)
Maña: 10:30 a 14:30 / Tarde: 16:00 - 18:00. - Horario de Nadal: 26-30/12 (2024) a 5/01 (2025). Cerrado 24, 25 y 31 de diciembre y 1 y 6 de enero
Maña: 10:30 a 14:30 / Tarde: 16:00 - 18:00.
- Horario de Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro, de martes a domingo)
Martes a domingo, festivos e pontes de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:30.
Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA)
Cafetaría-restaurante e área recreativa do Vilar
Información de utilidade
A ter en conta
- Deixa o vehículo nos aparcadoiros habilitados.
- Usa o vehículo só nas estradas/camiños habilitados e modera a velocidade cando circules polo interior do Parque.
- Non leves mascotas.
- Arrincar flores e plantas está prohibido, ademais de poñer en perigo especies singulares.
- Non molestes á fauna, non fagas ruído.
- Infórmate dos permisos necesarios para acceder ao Parque ou para facer calquera ruta.
- Antes de facer unha ruta, comproba a dificultade e o tempo que debes investir.
- Planifica con detalle a túa visita, sobre todo se vas en grupo, e equípate convenientemente.
- En moitos dos Parques Naturais organízanse visitas guiadas e interpretadas gratuítas; chama antes.
- Leva o móbil sempre coa batería cargada.
- Camiña polos sendeiros habilitados.
- Respecta a sinalización.
- Precaución coas enchentes dos cursos de auga.
- Precaución ao pisar pedras e troncos cando están mollados xa que son moi escorregadizos.
- Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas.
- Fai un uso responsable do lixo; se non hai colectores, lévao contigo ata que atopes un.
- Non está permitido o baño fóra das zonas habilitadas.
- Respecta as propiedades privadas.
- Usa as áreas recreativas.
- O lume pode destruír a vida do Parque, non o acendas.
- Excepto casos concretos, está prohibida a caza e a pesca. Consulta a normativa de cada Parque Natural.
- Avisa ao persoal do Parque ante calquera incidencia.

O tempo
hoxe
mañá
venres
Imaxes
Eventos
Non hai contido que amosar.
Ecosistema
Dunas fixas
Duna móbil
Lagoa de Carregal
Lagoa de Vixán
Praias
Outros ecosistemas
Flora
Flora do Parque
Flora tras a duna fixa
Marisma e lagoas
Praias e dunas
Fauna
Anfibios e réptiles
Aves
Moluscos, peixes e mamíferos
Patrimonio material
Castro de Porto de Abaixo
Estelas funerarias
Muíños
Telleiras
Patrimonio inmaterial
Lenda do Apóstolo
Lenda da cidade asolagada
Lenda da duna

O tempo
hoxe
mañá
venres
Imaxes
Como chegar?
Contacto
Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa
Miradoiros
- Pedra da Ra (190 m). É a mellor opción para ter unha perspectiva da duna móbil. Nos días despexados, desde aquí vese o cabo Fisterra (norte) e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: a illa de Sálvora e o perfil das Ons e das Cíes.
- Castro da Cidá (210 m). A máis altitude có anterior, as vistas son similares, pero cos restos dun antigo asentamento castrexo nas proximidades.
Ocio
Produtos locais
Na lonxa de Ribeira, a subhasta ten lugar ás 18.00h (moluscos e bivalvos, 15.00h). Algunhas das especies máis destacadas son a pescada, o lirio, as ameixas, o polbo, os ourizos, etc. No porto e na lonxa de Aguiño, a segunda do municipio, o percebe é o produto estrela. Cunhas descargas anuais en torno ás 50 toneladas, cada mes de xullo, a Confraría de Pescadores organiza a xa tradicional Festa do Percebe de Aguiño.

Documentación
Zona Ramsar ''Complexo de Corrubedo'', 7ES024; 550 ha.
Zona especial de Conservación (ZEC) ''Complexo Húmido de Corrubedo'', ZEC ES1110006; 9.263 ha.
Zona de especial protección para as aves (ZEPA) ''Complexo Litoral de Corrubedo'', ZEPA ES0000313; de 971 ha.
Humidal protexido ''Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo'' de 984 ha.
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais ''Complexo Húmido de Corrubedo'' de 9.265 ha. e ''Complexo Litoral de Corrubedo'' de 971 ha.
Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN). (corrección de erros 23/10/1992)
Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN).Decreto 148/1992