Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo da Aplicación móbil de Parques de Galicia (en diante, o “App') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios da internet.
Termos e condicións
- A Xunta de Galicia é a titular desta App e dos distintos elementos nela incluídos.
- O contido facilitado a través desta App emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido desta App, nin que se atope totalmente actualizada.
Responsabilidade
- A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nesta App con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
- A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
- A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
- Os dereitos de propiedade intelectual desta App e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
- A información dispoñible nesta App está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal xunta.gal, aínda que esta pode ser tamén atopada no portal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e sometida aos mesmos dereitos que a situada no portal xunta.gal. A información que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda proporciona a través do portal xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia ou desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
- Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da App e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou outras leis aplicables.
Política de privacidade e protección de datos persoais
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, Regulamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consello, de 27 de abril de 2016, relativo a protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos
Quen é o responsable do tratamento
O responsable do tratamento é a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (en diante, a Consellería) con domicilio en San Lazaro s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), web: cmatv.xunta.gal.
Quen é o/a delegado/a de protección de datos
Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.
Fins, bases de lexitimación e datos recompilados
A Consellería levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo coas bases de lexitimación amosadas a continuación:
- Para a xestión e tramitación do Pasaporte Natural da Rede de Parques Naturais, o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos (Lei 5/2019, de 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia; Decreto 69/2016, de 19 de maio, polo que se crea a Rede de parques naturais de Galicia).
Os datos persoais que se recaban e son tratados correspondense coas seguintes categorías:
- Datos identificativos e de contacto (nome e apelidos, NIF/NIE/pasaporte/outros, nº do documento e correo electrónico).
- Datos de características persoais (sexo e data de nacemento).
Así mesmo tamén é posible a xestión de permisos móbiles de xeolocalización co obxecto de:
- Facilitar o cálculo das rutas ata os puntos de interese ou os puntos de partida das rutas de sendeirismo; e
- Selar o pasaporte de xeito automático ao activar a localización do dispositivo móbil e atoparse fisicamente na área de cada un dos parques.
Os datos de xeolocalización non se gardarán nin serán utilizados polo responsable para ningún outro fin.
Prazo de conservación dos datos
Os datos conservaranse ata que se cumpra con fins obxecto do seu respectivo tratamento ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos.
Cesión ou comunicacións dos datos
Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos os seus fins, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables.
Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais
Pode consultar como exercitar a protección dos seus datos persoais en: Información sobre protección de datos persoais.
Modificación da Política de privacidade
A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámosche que revise a política de privacidade con certa periodicidade.
Máis información
Pode ampliar esta información na seguinte ligazón.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou relacionada co uso da App, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.