Introdución
Declarada no ano 2013, está localizada no ámbito do litoral cántabro-atlántico de Galicia, comprende unha superficie de 113.969,7 hectáreas terrestres e 2.754,8 has mariñas, o que fai unha superficie de 116.724,5 has. Inclúe a totalidade de 18 municipios da provincia da Coruña: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza - Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.
Outras figuras de protección que posúe:
- Zonas Especiais de Conservación (ZEC) “Encoro de Abegondo-Cecebre”, de 529 ha, “Costa da Morte”, de 11.809 ha, “Betanzos-Mandeo”, de 1.020 ha e “Costa de Dexo”, de 347 ha;
- Monumento Natural “Costa de Dexo” de 267 ha,
- Zonas de Especial Protección de los Valores Naturales ) “Encoro de Abegondo-Cecebre” de 493 ha, “Costa da Morte” de 11.809 ha, “Betanzos-Mandeo” de 1.020 ha e “Costa de Dexo” de 347 ha.
Patrimonio Natural
Dos 49 hábitats de interese comunitario, existentes na zona, 12 están clasificados como prioritarios. Así mesmo, contabilízanse máis de 300 especies incluídas nalgún instrumento de protección nacional e internacional.
Podemos destacar a presenza de paisaxes de mar e montaña, coas seguintes unidades paisaxísticas: unidades litoral-Cántabro Atlántico, vales sublitorais-Cántabro Atlántico (cun 65,5% do territorio, compóñense das cuncas fluviais dos ríos Mandeo e Mero) e serras.
Nestes hábitats de espazos costeiros destacan as formacións herbáceas, sobre todo os xuncos, os sistemas dunares (duna gris, embrionaria e primaria) e as costas rochosas e areosas). Nas capas superficiais establécese as pradeiras de Zoostera mariña.
Nas áreas sumerxidas da Reserva inclúense especies como as Salicornia, pastizais salinos atlánticos e matorrais halófilos mediterráneos.
Outros elementos de interese son as turbeiras altas acticas e as turbeiras boscosas e os fentos paleotropicais.
En canto as especies de flora podemos atopar especies como o Narcissus cyclamineus, Linaria polygalifolia subp. Aguillonensis ou a Petalonia Zostesifolia ,la Desmarestia dudresnayi ou a Centaurea janei.
Das 200 especies de fauna protexida podemos mencionar entre os reptís e anfíbios o sapo razado, a píntega rabilonga, a víbora de seoane e o lagarto verdinegro. Entre os mamíferos, varias especies de morcegos como o Rhinolopus hipposideros, a lontra e o lobo.
En canto as aves pódense citar o corremolinos tridáctilo, o volvepedras común, o ostreiro euroasiático, a aguia peixera e a tartaraña cincenta.
Outras especies a destacar son o mexillón de río (Margaritifera margaritifera) e o desmán ibérico.
Patrimonio Cultural
Os elementos máis antigos que se poden atopar na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo proveñen de culturas megalíticas e castrexas e están representados por túmulos, dólmenes, petróglifos, arte rupestre e castros.
Tamén existe unha importante vía romana de comunicación, denominada Vía Romana XX (Itinerario de Antonino), tamén chamada Per Tola Marítima e que ía desde Astorga ata O Porto.
En canto á arquitectura civil, destacan os seus Pazos (Pazo de Mariñán e de Meirás) e xardíns asociados e fortalezas medievais como a de Vinseira.
Dentro do patrimonio arquitectónico relixioso destacan a Igrexa de San Fransico en Betanzos (S. XIII) e o Mosteiro Cisterciense de Santa Mª de Sobrado.
Como chegar?
A Coruña: Abegondo | Aranga | Arteixo | Bergondo | Betanzos | Cambre | Carral | Coirós | Culleredo | Curtis | Irixoa | Miño | Oleiros | Oza-Cesuras | Oza-Cesuras | Paderne | Sada | Sobrado Coordenadas: 43º 12' 33.2" N - 8º 11' 34.6" W
Non hai documentos que amosar.