ZEC Carnota-Monte Pindo


Introdución

Videointerpretación sección Introdución

Este espazo está catalogado como Zona Especial de Conservación, dentro da Rede Natura 2000. Comprende os Concellos de Cee, Dumbría, Mazaricos e Carnota, na provincia da Coruña, e ten 4.628,87 ha. de superficie das cales 438 ha son de augas mariñas.

Conta cun sistema dunar composto por dunas móbiles e semimóviles e unhas marismas asociadas dominadas por xuncais en moi bo estado de conservación. Xunto a estes ambientes levántase un macizo granítico (Monte Pindo) que destaca pola súa altura (627 m de altitude) e o seu granito rosado. A praia de Caldebarcos-Carnota é unha importante zona de cría da píllara das dunas.

O traballo de erosión converteu este macizo nun rechamante conxunto de extrañas figuras zoomorfas e antropomorfas. Na cima do Monte Pindo, dominando a praia, álzanse as ciclópeas rocas zoomorfas da Moa, e aos seus pés, no pequeno pobo de Ézaro, outro espectáculo único, a fervenza do río Xallas que se precipita ao mar desde 40 m de altura.

A praia de Carnota pasa por ser a máis extensa de Galicia. O areal, de sete quilómetros de longo por medio de ancho prolongado en dunas, ábrese nunha canle na zona norte por onde penetra o mar creando unha chaira intermareal de gran produtividade natural.

Patrimonio Natural

Videointerpretación sección Patrimonio natural

Posee un dominio de hábitats de interese comunitario. O conxunto dunar está composto por dunas atlánticas, dunas con vexetación esclerofila do Cisto-Lavanduletalia. Tras a duna péchase a lagoa costeira que ten marismas. Conta con extensas áreas intermareais, bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda e llanos fangosos ou areosos .

No interior distínguense, por un lado as zonas baixas, agrícolas, con importantes bosques ripícolas e pequenas masas de frondosas de recolonización, masas mixtas derivadas de antigos soutos e carballeiras e prados hidromorfos, e por outro lado, as ladeiras e cimas con ambientes de pendentes rochosas con vexetación casmofítica e queirogais secos europeos. As dunas teñen citas de Limonium dodartii.

También posúe matorrais halófilos mediterráneos e termoatlánticos, queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, Erica vagans e turbeiras altas activas, entre outros.

En canto á flora podemos atopar Omphalodes littoralis e Sphagnum pylaisii

De invertebrados: Cerambyx cerdo, Elona quimperiana, Geomalacus maculosus e Lucanus cervus. De Anfibios e Réptiles: Chioglossa lusitanica, Discoglossus galganoi, Lacerta monticola e Lacerta schreiberi.

Mamíferos: Lutra lutra, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros.

Patrimonio Cultural

Videointerpretación sección Patrimonio cultural

Esta zona presenta un gran e variado patrimonio cultural, arqueolóxico e arquitectónico , debido á súa rica historia. Da época prehistórica consérvanse varios petróglifos, destacando o denominado Laxe Escrita. Existen varios castros, sobresaíndo o de Mallou que aínda conserva restos de murallas do seu poboado.

Non Monte Pindo, o alto do Pedrullo, situado a uns 265 metros de altitude, esconde no seu interior os restos do castelo medieval de San Xurxo, que foi construído aproximadamente no ano 900. É un castelo roquero, estos tipos de castelos eran construídos en zonas altas e preto da costa para controlar as incursións viquingas. Foi ordenado construír por Sisnando II.

No cume do Monte Pindo está a Pedra da Moa con pías (bañeiras naturais), onde se cre que se facían rituais celtas. Un pouco máis abaixo está a cova da Ermida, onde estaba unha vella igrexa da que se descubriu unha antiga inscrición. Crese que está relacionada cunha capela do século XII.

O patrimonio etnográfico é abundante, con elementos como hórreos, cruceiros, pontes, muíños, etc., entre os que destaca o hórreo de Carnota, considerado monumento nacional por ser o máis grande de España.

Antes de chegar á cima do Monte, dicir que atravesamos unha das murallas que pechaba o campo da Moa. Pola forma da súa construción pode ser do ano 500 ou 600. Esta muralla garda unha lenda, segundo a cal, a Raíña Lupa estaría enterrada a súa entrada con sete millóns de ouro na cabeza e outros sete millóns aos seus pés. O carreiro de subida ata o cume da Moa está vixiado polas figuras pétreas de formas humanas como o "guerreiro", no Chan de Lourenzo e outros castelos de granito que poñen a proba a gravidade e a imaxinación.

Servizos

Videointerpretación sección Servizos

Aloxamento: Sí. Comer: Sí.

Información de utilidade

Videointerpretación sección Información de utilidade

Centro de Interpretación Paisaxística (A Cabana-Lira).

A ter en conta

Videointerpretación sección A ter en conta

4.628,87 ha., das cales 438 ha de augas mariñas.

Ecosistema

Flora

Fauna

Patrimonio material

Patrimonio inmaterial

Como chegar?

Concellos de Cee, Dumbría, Mazaricos e Carnota, na Coruña.

Permisos necesarios

Non hai contido que amosar.

Contacto

Miradoiros

Ocio

Produtos locais

Non hai documentos que amosar.