Ruta Soutos baixo Pena Falcueira

Media/Alta
1,45 h
A pé
3,9 km
Circular
Parque Natural: Serra da Enciña da Lastra
Inicio/Fin: Ruta Soutos baixo Pena Falcueira
A ruta comeza na área de descanso do Tanque (647 m), desde a que divisamos unha magnífica panorámica da aldea de Covas en dirección ao Estreito. Dirixímonos en ascenso cara a Biobra para, despois de atravesar soutos de castiñeiros e matogueiras de estevas, tomar a desviación á dereita que nos leva ao Alto da Escrita (807 m). Aquí podemos facer unha parada no percorrido para contemplar e interpretar as dúas vertentes que caracterizan o espazo protexido: a do río Sil e a do río Galir.
Descendemos por unha corga que nos leva, entre castiñeiros dos veciños de Covas, ao antigo camiño que unía Covas e Biobra para coller á dereita e, despois de atravesar un souto naturalizado, chegar ao lugar do que partimos.